Pokkén Tournament para Wii U sairá o 18 de marzo
venres, 15 de xaneiro do 2016
O pasado verán anunciouse que a Pokémon Company estaba a
preparar un
xogo de loita cos personaxes de Pokémon que verÃa a luz para Wii U, e
finalmente Pokkén Tournament
confirma a súa data de lanzamento, que será
o vindeiro 18 de marzo, data na que sairá á venda este xogo de loita que
permitirá gozar cos Pokémon en alta definición, participando nos seus combates
dun xeito como nunca se viu antes, estando presentes neste tÃtulo as criaturas
da franquÃa de Nintendo máis recoñecibles. Os compradores que se fagan co xogo
nos primeiros dÃas tamén recibirán adicionalmente unha tarxeta amiibo especial
de Shadow Mewtwo, que pode
desbloquear ao Mewtwo Escuro como
personaxe xogable con achegala ao mando da Wii U.
XX aniversario de Pokémon no Xapón
A cousa non remata aÃ, xa que este xogo desenvolvido en colaboración con Bandai Namco (produtores de Tekken) non será a única iniciativa de Pokémon que veremos nos vindeiros meses, pois tamén está previsto que para celebrar o 20º aniversario do lanzamento da franquÃa de Pokémon no Xapón a Nintendo eShop recibirá versións descargables dos xogos orixinais de Pokémon adaptadas á Nintendo 3DS o vindeiro 27 de febreiro, dÃa no que tamén sairá á venda un lote da New Nintendo 3DS que inclúa os mencionados xogos descagables e inclúa tamén un par de carcasas (unha de Charizard e outra de Blastoise) para decorar externamente a consola portátil (contando tamén cun tema para o menú da consola que permite que o seu interior tamén se vista de Pokémon).
- O novo xogo vén a ser unha sorte de Tekken con personaxes de Pokémon que comercializarse en exclusiva para Wii U