Polar M600, o novo reloxo deportivo con Android Wear
mércores, 3 de agosto do 2016
Polar conta con grande experiencia en monitores de
actividade, pulsÃmetros e tecnoloxÃa deportiva wearable, e atendendo á demanda dos dispositivos conectados ao smartphone, anuncian o Polar M600, un
smartwatch deportivo resistente á auga que funciona con Android Wear, de xeito
que fusiona as vantaxes dun reloxo conectado e dun sistema de monitorización de
actividade, integrando tamén GPS, o que facilita o rexistro dos adestramentos.
O Polar M600 conta cunha pantalla táctil de 1,3 polgadas de cor, cun botón
frontal para facilitar o control dos adestramentos e cunha baterÃa con máis de
48 horas de autonomÃa cando se emprega conectado a un dispositivo con Android. Véndese en cor negra ou branca, e antes do remate do ano venderase
tamén nun modelo vermello, sendo o eu prezo comercial de 349,90 euros.
O feito de que funcione con Android Wear permite que o Polar M600 poida
funcionar con máis de 4.000 aplicacións dispoñibles en Google Play, podendo
operar en combinación con smartphones con iOS e Android, para poder ver asà os
resultados da actividade fÃsica, do ritmo cardÃaco ou incluso detalles do sono.
Tamén é un bo asistente para os adestramentos de corredores, que poden axustar
o accesorio para que os axude a prepararse para competicións de distintas
distancias (maratón, media maratón, 10 quilómetros ou 5 quilómetros).
O Polar M600 funciona cun procesador MediaTek MT2601 de dobre núcleo a 1,2 GHz,
512 MB de RAM, 4 GB de almacenamento interno, pantalla de 1,3 polgadas cunha
resolución de 240 x 240 pÃxeles e protección Corning Gorilla Glass 3, monitor
cardÃaco óptico de 6 LED, resistencia á auga IPx8 (de xeito que poderÃa nadarse
con el), GPS, Bluetooth 4.2, Wi-Fi N, micrófono e baterÃa de 500 mAh.
- O Polar M600 é resistente á auga