PolÃtica LingüÃstica apoia proxectos de innovación educativa en impulso do galego
venres, 15 de decembro do 2023
A
SecretarÃa
Xeral de PolÃtica LingüÃstica e mais a Dirección Xeral de
Ordenación e Innovación Educativa publicaron a convocatoria de
participación en proxectos de innovación educativa en dinamización
lingüÃstica para os centros docentes de titularidade pública
da ConsellerÃa de Cultura, Educación, Formación Profesional e
Universidades durante o curso académico 2023/2024.
Ao
abeiro desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos, que terán
a consideración de excelentes; cada un deles recibirá unha dotación
económica de 2.000 euros. Poderán concederse dúas mencións de
honra, de ser o caso.
O
profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos cinco
proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro
Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de
formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).
O persoal docente dos proxectos recoñecidos, de ser o caso, coa
mención de honra recibirá unha certificación de Accésit.
O
prazo de presentación das solicitudes, que se enviarán
exclusivamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia,
rematará o dÃa 12 de marzo de 2024.
Segundo
fixo saber a SecretarÃa Xeral, os centros públicos admitidos no
programa Proxectos de innovación educativa en dinamización
lingüÃstica, no marco do Plan Proxecta+, teñen a obriga de
participar. Tamén se poderán presentar os demais centros docentes
de titularidade pública da ConsellerÃa de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades.