PolÃtica LingüÃstica publica no Portal da Lingua as listaxes de persoas admitidas para as probas do CELGA
mércores, 5 de maio do 2021
A
SecretarÃa
Xeral de PolÃtica LingüÃstica publicou no Portal da Lingua as
listaxes definitivas das persoas admitidas nas probas do CELGA,
que son 2.766. Ademais, fixo
saber as datas das probas de acreditación co CELGA da primeira
convocatoria do ano 2020: o CELGA 4 os dÃas 22, 23 e 29 de maio,
o CELGA 2 o 30 de maio, o CELGA 3 os dÃas 5 e 6 de xuño e o CELGA 1
o dÃa 12 de xuño. As probas desenvolveranse nas localidades nas que
vén sendo habitual, Santiago de Compostela e Ponferrada.
O
Diario Oficial de Galicia vén de publicar esta información, asÃ
como as listaxes definitivas de persoas admitidas por niveis, que
suman un total de 2.766 inscritas e que, como dixemos, pódese
consultar tamén no Portal da Lingua. Por certo que esta cifra supón
un incremento de case 1.000 persoas con respecto á convocatoria
2020, na que se inscribiron 1.780.
A
SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica prevé para finais de
ano unha segunda convocatoria de exames que anunciará nos vindeiros
meses.
Tamén
fixo saber que de igual xeito que nas probas da convocatoria
anterior, realizadas entre setembro e outubro de 2020, os exames
levaranse a cabo baixo o protocolo de seguridade sanitaria, co fin de
protexer a saúde propia e a das demais persoas. Por niveis e
localidades, as persoas inscritas nas probas de acreditación do
nivel CELGA 1 son 131 (en Santiago de Compostela); 381 no caso do
CELGA 2 (326 en Santiago e 55 en Ponferrada); 658 no caso do CELGA 3
(540 en Santiago e 118 en Ponferrada) e 1596 no caso do CELGA 4 (1334
en Santiago e 262 en Ponferrada).
O
sistema CELGA
O
CELGA é o certificado en lingua galega que expide a SecretarÃa
Xeral de PolÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia e que acredita o
coñecemento da lingua en cinco niveis. Trátase dun modelo de
aprendizaxe, ensino e avaliación da lingua galega adaptado ao Marco
europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello
de Europa, no que se describen os coñecementos e habilidades que se
contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.