Polo momento Meta non eliminará a verificación de contidos en Europa
mércores, 8 de xaneiro do 2025
- A EFCSN critica o cambio de postura de Meta fronte á verificación de feitos
O anuncio de Mark Zuckerberg sobre o abandono do sistema de verificación de contidos de Meta nos EE.UU. para adoptar un sistema de Notas da Comunidade ao estilo de X (plataforma na que demostrou ser un fracaso) non foi ben recibido dende Europa, aÃnda que non parece que vaia aplicarse aquÃ, pois a división francesa de Meta xa recoñeceu ante as autoridades que polo momento non introducirán a nova polÃtica de contidos en Europa en cumprimento da Lei de Servizos Dixitais.
Dende a Rede Europea de Estándares de Verificación de Feitos (EFCSN) amosan a súa decepción coa decisión de Meta de poñer fin ao seu Programa de Verificación de Feitos por Terceiros e condena enerxicamente as declaracións do seu CEO que vinculan a verificación de feitos coa censura. A presidenta da EFCSN, Clara Jiménez Cruz, cometa que o anuncio de Meta «parece máis un movemento motivado politicamente, no contexto da chegada da administración de Donald Trump nos Estados Unidos, que unha decisión baseada en evidencias» e insta a Unión Europea a manterse firme ante esta presión polÃtica e a non desanimarse nos seus esforzos por deter a propagación de desinformación e información errónea nas grandes plataformas en liña.
Dende a EFCSN lembran que a verificación de feitos non é censura, pois engade discurso aos debates públicos, proporciona contexto e feitos para que cada cidadán poida formar a súa propia opinión, téndose demostrado en numerosas ocasións que a verificación de feitos é eficaz para contrarrestar a desinformación. Equiparar a verificación de feitos coa censura é unha afirmación falsa e malintencionada.
Salientan que «con varios paÃses europeos dirixÃndose ás urnas en 2025, que as plataformas retrocedan na loita contra a desinformación e a información errónea permite, e incluso poderÃa invitar, a interferencias electorais, especialmente por parte de actores estranxeiros», polo que a Unión Europea deberÃa aplicar a lexislación vixente con firmeza.
Resulta curioso que Meta renegue agora do sistema de verificación cando até o momento destacaba a súa eficacia, destacando que no perÃodo previo ás Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 «máis de 68 millóns de pezas de contido vistas na UE en Facebook e Instagram tiveron etiquetas de verificación. Cando unha etiqueta de verificación é engadida a unha publicación, o 95 % das persoas non fan clic para vela».