Poñen á venda na India un smartphone repelente de mosquitos
xoves, 28 de setembro do 2017
O ano pasado LG sorprendeu comercializando na India un
televisor coa tecnoloxÃa Mosquito Away, ou sexa, cun sistema de ultrasóns
que supostamente repele aos molestos
mosquitos, e parece que este reclamo resultou efectivo, e agora a compañÃa
surcoreana comercializa o LG K7i, que
presume de ser o primeiro smartphone con tecnoloxÃa Mosquito Away.
Estamos ante un teléfono 4G con dobre SIM e pantalla FWVGA de 5 polgadas,
procesador de catro núcleos a 1,1 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento
interno, cámara traseira de 8 MpÃxeles, cámara frontal de 5 MpÃxeles e baterÃa
extraÃble de 2.500 mAh, que pode funcionar cunha traseira normal, podendo
mudarse este elemento por unha traseira con Mosquito Away e incluso empregar un
soporte para facer que esta funcionalidade poida resultar supostamente efectiva
(pois non existen evidencias cientÃficas que confirmen que os mosquitos fuxan
dos ultrasóns que xeran este tipo de trebellos).
O seu prezo de venda é de 7.990 rupias (103,57 euros) e estes dÃas comeza a
chegar ás tendas da India, sendo bastante dubidoso que este produto saia dese
mercado.