Ponte... nas Ondas falla o palmarés da 6ª edición do Certame Imaxes do Patrimonio

xoves, 14 de setembro do 2023 S. P.

Fotografía gañadora na modalidade de Primaria, de Julio Fernández Gallega

A Asociación Ponte... nas Ondas fallou o palmarés da sexta edición do Certame Imaxes do Patrimonio (memoria en fotografías reunida por escolas galegas a prol do patrimonio). Aulas dos concellos de Ourense, Curtis, Teo, Tui, Santiago de Compostela, Salceda de Caselas, Ames, Barbadás, Vigo, Noia, Ponteceso, Salvaterra de Miño e Bergondo, en Galicia, ou de Paredes e Guimarães, en Portugal, resultaron gañadoras do concurso. Trátase dunha actividade pedagóxica que culminará coa concesión dos premios o vindeiro 16 de novembro no Día Internacional do Patrimonio Mundial. As imaxes pasarán a formar parte do arquivo virtual do patrimonio inmaterial galego-portugués.
As fotografías gañadoras
Traballadores nun forno de función nos anos trinta, un gaiteiro na guerra, polbeiras do Carballiño mazando polbos no ano 1940, a foto de dous irmáns no ano 1939 ao decatárense de que loitaban en bandos distintos sen sabelo... Velaí algunhas das estampas e as grandes historias que as acompañan, e que foron premiadas no VI Certame de Fotografía Imaxes do Patrimonio, en palabras de Ponte nas Ondas “unha nova viaxe pola memoria á que nos convida alumnado galego e portugués, coa colaboración das súas familias”.
O xurado integrárono Anxo Cabada, profesor e fotógrafo, Xerardo Pereiro, profesor e antropólogo, Cristina Sánchez-Carretero, investigadora e antropóloga e Xerardo Feijoo, membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! actuando como secretario con voz e sen voto.
Podemos consultar o palmarés na web da asociación.
O obxectivo deste certame é axudar ás novas xeracións a descubriren a existencia do rico e variado patrimonio cultural común de ámbalas beiras da raia galego-lusa. Con esta finalidade propúxose aos centros educativos que buscaran, coa axuda dos docentes e na compaña de seus familiares, aquelas fotos que “contivesen elementos dese patrimonio cultural, na procura de elementos e vivencias concretas para constatar, desde o presente, o valor que cumpriron e seguen a cumprir, manifestacións culturais que polo seu simbolismo forman parte da nosa memoria colectiva”.
Categoría Ensino Primario/Ensino Básico
Palmarés
1º Premio: Julio Fernández Gallega
CPR Plurilingüe Luis Vives. Ourense
Título: O Xaneiro
2º Premio: Alexandra Pedreira Fernández
CEIP da Ramallosa. Teo
Título:Guerra Civil Española
3º Premio: Elan Domínguez Fonseca
Escola: CRA Mestra Clara Torres.Tui
Título: Vendedor de barquillos
Accésit: Nerea Sequeiros Lafuente – 6º de Primaria
CPR Plurilingüe Luis Vives. Ourense
Título: A familia
Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario
1º Premio: Martina González Rodríguez
IES Pedras Rubias. Salceda de Caselas
Título: No Carballiño as mulleres si saben dar malleiras!
2º Premio : João Castro Rodrigues
Agrupamento de Escolas do Vale de São Torcato. Guimarães
Título: Prova de amor
3º Premio: Vera Castro González
IES de Curtis. Curtis
Título: Os irmáns
Accésit 1: Sabela Ares Rodríguez – 3º ESO
IES Antonio Fraguas. Santiago de Compostela
Título: A tía
Accésit 2: Rafaela Gomes Teles – 8º B
Escola Básica e Secundaria de Sobreira. Paredes. Portugal
Título: A escola
Accésit 3: Antón Abalo Santamaría
IES Plurilingüe de Ames. Ames
Título: O meu tataravó
Certame de podcast
-Categoría Ensino Primario/Ensino Básico
1º Premio: Sara Vázquez
CEIP Plurilingue O Ruxidoiro. Barbadás
2º Premio:Violeta Brizuela Martínez
Escola: CRA Mestra Clara Torres.Tui
-Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario
1º Premio: Marta Ocampo Romaní
IES Ricardo Mella. Vigo
2º Premio Moira Penalta
IES Virxe do Cristal. Noia
Accésit: Carmela Velasco
IES Eduardo Pondal. Ponteceso
Luján Lago Varela
IES Cruz do Sar. Bergondo
Premio Especial do Xurado
O xurado acorda por unanimidade, e fóra de todas as categorías, conceder dúas mencións especiais a dúas escolas polo seu traballo xeral, do que forman parte as fotografías enviadas:
CEP Carlos Casares de Alxén. Salvaterra de Miño
CEIP da Ramallosa.Teo
Ademais, a escola CEP Carlos Casares, Grixó-Alxén (Salvaterra de Miño) propón unha iniciativa que, “aínda sen axustarse exactamente ás bases do certame, destaca polo seu valor pedagóxico”. Trátase dun proxecto de centro que inclúe unha exposición de obxectos relacionados co tema do proxecto anual. Neste caso, o tema escollido foi a meteoroloxía, co título MeteoAlxén, e contou coa colaboración das familias do alumado que forneceran moitos obxectos para a elaboración dunha exposición. O proxecto estrutúrase en diversas categorías de interese: Outono, Inverno, Primavera, Verán, meteoroloxía, ceos, chuvia, viño, horta, cogumelos e castañas, alén da propia exposición).
Para alén da participación convencional no certame, con imaxes co respectivo texto e podcast, o CEIP da Ramallosa (Teo) propón tamén o traballo de centro intitulado Anaquiños de onte, vistos cos olhos de hoxe, baseado na busca, visualización, estudo e re-interpretación, con todo o estudo de fotografías antigas de diversas temáticas e autores relacionadas co noso patrimonio cultural inmaterial; labores tradicionais, festas e outros costumes de diferentes épocas. Este traballo está enmarcado tamén no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, recoñecemento que a escola obtivo o ano pasado polo seu traballo a favor da recuperación do patrimonio cultural. A actividade ten un carácter de continuación e rematará na exposición que a escola fará en novembro no Museo do Pobo Galego.