Pontevedra acolle os días 23 e 23 de maio o I Congreso de Cidades Intelixentes e Economía Circular

martes, 6 de maio do 2025 S. P.

O Grupo Norte e O&A Smart City Consulting organizan I Congreso de Cidades Intelixentes e Economía Circular, que se celebrará os días 22 e 23 de maio de 2025 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Trátase dun evento de referencia que reunirá expertos do ámbito público e privado para abordar os retos e oportunidades da transformación urbana sostíbel, a innovación tecnolóxica e a economía circular como modelo de desenvolvemento.
O programa de actividades permitirá ás persoas participantes compartir experiencias, coñecer boas prácticas e establecer redes de colaboración institucional e profesional.
O programa inclúe mesas de debate e relatorios de primeira liña.
As inscricións (de balde) están abertas a través da web Oyasmartcity.com.
O evento conta co patrocinio do Concello e a Deputación de Pontevedra.
Contexto
As cidades Intelixentes teñen como obxectivo o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na xestión dos retos urbanos para así favorecer o seu desenvolvemento e mellorar a vida da cidadanía. Este uso das TIC axuda a mellorar a e ciencia dos servizos, a competitividade e ademais debe servir para satisfacer as necesidades dos seus habitantes en todos os aspectos (económico, social, ambiental e cultural). Na contorna dunha cidade intelixente, a economía circular xoga un papel crucial ao fomentar a mobilidade, a e ciencia enerxética, a reciclaxe, a reutilización,... a sustentabilidade en xeral.
Programa
Xoves 22 de maio
9:00h Inscrición.
9:30h Benvida e apertura institucional.
Representante da Xunta de Galicia aínda por confirmar
Luis López Diéguez. Presidente da Deputación de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores. Alcalde de Pontevedra
10:00h Keynote 1
Que son as Cidades Intelixentes?
Intervén Adolfo Borrero, director executivo (CEO) de Aalto Consultores
10:30h 1a Presentación
Xemelgos dixitais para Cidades Intelixentes
Interveñen: Alicia Izquierdo. Ayuntamiento de Málaga.
Pedro Torres Director de Marketing de ESRI Spain
Julia Molina Directora Senior, Desarrollo de Negocio y Estrategia
Sector Publico Iberia. Salesforce
Antonio J. Lara. CSO Libelium.
Modera:
Manuel Bellido
11:40h Pausa Café
2a Presentación
Central de Tráfico
Intervén: Francisco Bermúdez. Ceo de Grupo Tecnología del Tráfico
12:10h 3a Presentación.
A dixitalización do territorio e as EDIL
Intervén: Francisco Morcillo, consultor e Grupo de Traballo das EDIL na Comisión de Smart Cities de AMETIC.
12:40h 4a Presentación.
A Intelixencia Artificial aplicada ás cidades
Intervén: Antonio Cantalapiedra Asensio. Fundador e CEOde Georreplica AI
13:10h Mesa de debate
A Intelixencia Artificial
Interveñen: Alicia Izquierdo. Ayuntamiento de Málaga
Representante de AMTEGA pendente de confirmar
Julia Molina, directora sénior e Desarrollo de Negocio y Estrategia Sector Publico Iberia. Salesforce
Ramón García Guinarte, xerente da Mancomunidade do Salnés
Antonio Cantalapiedra Asensio, fundador e CEO de Georreplica AI
Modera: Manuel Bellido
14:00h Almorzo
Segundo módulo: eficiencia nos servizos municipais
16:30h 1a Presentación
Eficiencia enerxética e calidade urbana na iluminación pública
Intervén: Ángel González. Presidente de SETGA
17:00h 2a Presentación
A xestión do alumeado público con tecnoloxía Narrowband.IOT
Intervén: Álvaro Piñeiro Fernández. Ferrovial Galicia
17:30h 3a Presentación
A dixitalización do ciclo integral da auga
Intervén: Óscar Rodríguez Gutiérrez, conselleiro delegado de Espina & Delfín
18:00h Mesa de debate
A recollida de lixo eficiente co uso de ferramentas dixitais e sensores
Interveñen: Javier Domínguez Lino, presidente executivo de SOGAMA
María Luz Rivas, directora de Zona Galicia e Asturias de PreZero Soluciones Ambientales
David Redondo, responsábel de innovación de Valoriza Servicios Ambientales
Representante Xunta de Galicia
18:40h Peche
Venres 23 de maio
Terceiro módulo: economía circular
10:00h 1a Presentación.
A reciclaxe do plástico
Intervén: Filip T’’Jampens. Accountmanager Export de Govaplast.
10:30h 2a Presentación.
Cara a un futuro respirábel
Intervén: Emilio Frojan. CEO de Velca.
11:00h Pausa Café
11:30h 3a Presentación
Praias intelixentes
Intervén: Diego González Arias. CEO de Tergo
12:00h 4a Presentación
Estacións de mobilidade para unha cidade máis sostíbel
Intervén: ITCL. Instituto Tecnológico de Castilla y León
12:30h Mesa de debate
A economía circular e a sustentabilidade
Interveñen: Representante da Deputación de Pontevedra
Anabel Gulías. Concelleira de Promoción Económica. Concello de Pontevedra
Emilio Froján. CEO de Velca
Diego González Arias. CEO de DGA
Modera: Manuel Bellido
13,10h Conclusións e peche
Interveñen: Adolfo Borrero
Manuel Bellido
Francisco Morcillo