Pontevedra acollerá un torneo de Super Mario Kart

xoves, 17 de febreiro do 2022 Marcus Fernández

Percalandia, a tenda en liña especializada en figuras de videoxogos, contan dende o pasado día 7 cunha tenda física no número 9 da rúa San Antoniño de Pontevedra, onde podemos atopar figuras, mercadotecnia, libros e videoxogos, conta cunha gameroom con diferentes consolas polo que pode converterse nun bo espazo onde pasar a tarde con amigos, especialmente entre os días 7 e 9 de marzo, cando de 18:00 a 20:00 horas organizan o I Torneo Super Mario Kart (Super Nintendo).
Esta competición é de inscrición de balde na propia tenda física e contará con premios para os 3 xogadores que amosen máis pericia neste clásico de SNES que deixou unha grande pegada e deu lugar a unha saga tan potente que a súa última entrega, Mario Kart 8 Deluxe, superou os 43 millóns de unidades vendidas.

Cartel promocional do torneo

PUBLICIDADE