PontevedraViva celebra o seu 12 aniversario e presenta nova web

mércores, 2 de outubro do 2024 S. P.

Este martes 1 de outubro celebrouse o acto de conmemoración do duodécimo aniversario do xornal dixital PontevedraViva. No acto participaron os impulsores da publicación e os presidentes da Xunta e da Deputación de Pontevedra, Alfonso Rueda e Luis López, acompañados polo alcalde da cidade do Lérez, Miguel Anxo Lérez, e outros rexedores dos concellos da contorna, e tamén o subdelegado do Goberno Abel Losada.
Amais, sumáronse ao evento a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, os vicepresidentes da administración provincial, Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, amais do deputado Jorge Cubela.
No transcurso da cita presentouse a nova páxina web do xornal, que será posta a disposición dos lectores o vindeiro 7 de outubro. Segundo informaron os responsábeis do medio, o novo sitio en liña recollera a esencia de PontevedraViva: “Unha esencia próxima, orixinal, moderna e, sobre todo, cos pés na nosa terra”.
A presentación oficial realizouse nun acto celebrado na sala multiusos do Teatro Principal ao que asistiron traballadores e traballadoras do medio, colaboradores e colaboradoras que durante estes 12 anos fixeron posíbel o xornal, autoridades e representantes da sociedade civil de Pontevedra e a súa área de influencia.