Popular TV acada a súa propia canle específica en YouTube

xoves, 31 de maio do 2007

Logo de que as cadeas de televisión privadas Antena 3 e Cuatro se fixeran coa súa canle específica na web YouTube de vídeos en Internet, Popular TV non quixo ser menos e vén de converterse na terceira canle española en sacar tallada do fenómeno. Segundo informa a canle da COPE, no seu espazo pódense ver “as reportaxes máis curiosas e os mellores intres dos principais programas emitidos, así como os titulares máis salientables dos informativos da xornada” que Popular TV emite a través de Televisión Dixital Terrestre.
Ademais, a canle tamén ofrece os seus contidos en directo dende a súa propia web, unha medida que aínda non teñen adoptado ningunha das demais canles españolas.

PUBLICIDADE