Por fin pode empregarse o iPhone e o iPad para xogar a distancia á PS4

xoves, 7 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Unha funcionalidade pouco coñecida da PlayStation 4 é o poder xogar a distancia, o que inicialmente limitábase a dispositivos como a PS Vita e PlayStation TV, pero que ante á decadencia destes trebellos levouse a ordenadores persoais e dispositivos móbiles con Android, e finalmente chega a iOS, de xeito que os posuidores dun iPhone ou un iPad poderán xogar remotamente coa súa PS4 a través da rede Wi-Fi grazas á aplicación oficial que por fin está dispoñible na App Store.
A nova aplicación permite ver a pantalla da PS4 no dispositivo móbiles con iOS 12.1 ou posterior, empregar os mandos virtuais en pantalla como sistema de control, gozar do chat de voz aproveitando o micrófono do dispositivo móbil e introducir texto na consola empregando o teclado do dispositivo móbil.
Cómpre salientar que para que a experiencia sexa boa é preciso contar cunha rede Wi-Fi que funcione a unha boa velocidade e non todos os xogos son compatibles con esta aplicación.

PUBLICIDADE