Por fin podemos ver en acción chíos editados
venres, 30 de setembro do 2022
A
función máis reivindicada polos usuarios de Twitter dende os inicios da
plataforma, a posibilidade de editar chíos, xa está visible e dispoñible para
algúns subscritores de Twitter Blue, e precisamente a conta oficial do servizo
de pagamento de Twitter é a que serve para
que comprobemos como se ven os chíos editador: indicando cando foi a súa
última edición e permitindo que consultemos o historial de edicións.
Os subscritores de Twitter Blue teñen agora na súa sección de acceso anticipado
a unha selección de funcións novas un elemento novo chamado Editar Tweet
no que explican que poderán editar os chíos até 5 veces dentro dun prazo de 30
minutos dende a súa publicación, salientando que o historial de cambios é
visible para calquera persoa que queira ver a evolución dun chío.
Aínda que polo momento esta función estea limitada a usuarios de pagamento,
confíase en que esteamos a falar unicamente do período de probas da nova
prestación de Twitter, polo que nuns meses podería ampliarse a edición de chíos
a calquera usuario.