Porto do Son acolle en agosto un obradoiro de novas tecnoloxÃas para persoas maiores
mércores, 19 de xullo do 2023
A
nave de servizos náuticos de Porto do Son vai acoller este
mes de agosto, en catro quendas, un Obradoiro
de Novas TecnoloxÃas para persoas maiores do concello.
Impartirase os dÃas 1, 8, 22 e 29 de agosto. Será unha actividade
cen por cen de balde. As inscricións cómpre facelas antes do 21 de
xullo a través da área municipal de Servizos Sociais, en horario de
10.00 a 12.00 horas (máis información no teléfono 981 867 412).
O
obradoiro vén da man da Xunta, a Fundación Amigos de Gailcia e o
Concello. A actividade formativa está destinada a persoas de 65 anos
ou máis, que poderán familiarizarse grazas ás sesións programadas
en cuestións como os usos da máquina de quendas das administracións
locais e os centros de saúde, dos caixeiros automáticos, dos
teléfonos móbiles intelixentes ou das aplicacións móbiles máis
estendidas (por exemplo a app do SERGAS).