Posible filtración de datos persoais da Lista Robinson

martes, 8 de abril do 2025 Marcus Fernández

Dende hai anos os cidadáns españois podemos inscribirnos nunha listaxe de exclusión de publicidade por teléfono, correo postal, correo electrónico e mensaxes de texto chamada Lista Robinson, pero existe a posibilidade de que a incorporación a esta listaxe teña a reacción contraria de confirmarse certa unha filtración de datos a través da que se exporían os 614.197 rexistros de usuario incluíndo os seus datos persoais.
Os responsables da Lista Robinson, ADigital, aseguran non ter constancia de ningún acceso ilícito aos seus sistemas tras unha revisión exhaustiva dos mesmos, e dato que o número total de inscritos na listaxe de exclusión publicitaria é de máis de 5 millóns, polo que tanto é posible que a filtración sexa parcial, como que realmente esteamos ante datos conseguidos doutras fontes, o que non deixa de ser preocupante, xa que tal información pode comercializarse para colocar aos usuarios no punto de mira de delincuentes para suplantar a súa identidade ou expoñelos a calotes.