Pragmata chega ao mercado
venres, 17 de abril do 2026
Capcom anunciou o lanzamento global de Pragmata, a súa nova aposta dentro do xénero de acción e aventura con ambientación de ciencia ficción, que xa está dispoñible para PlayStation 5, Xbox Series X|S, Nintendo Switch 2 e PC a través de Steam, culminando un longo proceso de desenvolvemento marcado pola expectación da comunidade.
O videoxogo, desenvolvido polos equipos responsables de sagas recoñecidas como Resident Evil e Devil May Cry, traslada a acción a unha estación lunar futurista que perdeu o contacto coa Terra. O protagonista, Hugh Williams, é enviado para investigar o sucedido, pero axiña se ve en perigo ata que é rescatado por unha androide coa aparencia dunha nena, chamada Diana. Ambos emprenden entón unha viaxe conxunta para atopar unha vÃa de regreso ao planeta.
A narrativa mestura exploración e supervivencia nun contorno dominado por unha intelixencia artificial hostil que controla as instalacións. A xogabilidade aposta por un sistema que combina acción e resolución de crebacabezas: Diana encárgase de piratear os inimigos para revelar os seus puntos débiles, mentres Hugh utiliza un amplo arsenal de armas para neutralizalos.
Entre enfrontamentos, os xogadores poden acceder ao chamado Shelter, un espazo seguro no que os protagonistas interactúan e xestionan recursos. Neste refuxio é posible intercambiar materiais coleccionables por melloras, fundamentais para afrontar desafÃos posteriores, incluÃdos combates contra xefes de gran tamaño.
Xunto á edición estándar, Capcom comercializa unha versión Deluxe que incorpora contidos adicionais, como traxes cosméticos, aparencias para armas, xestos, música extra para o Shelter e unha biblioteca interna con material artÃstico. Tamén está a disposición dos usuarios unha demo de balde, denominada Pragmata Sketchbook, accesible nas principais plataformas dixitais.
Este traballo de Capcom inclúe dobraxe completa en múltiples idiomas, entre eles español, inglés, francés, alemán ou xaponés, asà como opcións de texto adicionais.
Último tráiler do xogo
