Premiado na UDC un proxecto de tecnoloxÃa inclusiva impulsado dende o CITIC
xoves, 16 de setembro do 2021
Un proxecto tecnolóxico con vontade de inclusión
social dirixido por persoal investigador do Centro de Investigación
TIC da Universidade da Coruña vén de ser galardoado na segunda
edición dos Premios a Proxectos de Innovación Docente en
Aprendizaxe-Servizo da UDC.
Trátase
do proxecto TFG para o desenvolvemento de aplicacións
informáticas de apoio á diversidade, dirixido polo
subdirector do CITIC Javier Pereira Loureiro e os docentes da
Facultade de Informática e persoal investigador do CITIC, Adriana
Dapena Janeiro, Paula Castro Castro e Óscar Fresnedo Arias. En
concreto, recibiron o segundo premio da modalidade Atención á
Diversidade, dotado cunha contÃa de 400 euros.
O xurado dos premios, convocados polo
Vicerreitorado de Internacionalización e Cooperación e o
Vicerreitorado de Planificación Académica e Innovación Docente,
fixo pública a listaxe definitiva de proxectos premiados o pasado 10
de setembro. En total, outorgáronse seis premios, dous por cada liña
temática de participación: sustentabilidade, atención á
diversidade e redución das desigualdades.
Amais da contribución dos investigadores de
CITIC, resultaron recoñecidas as seguintes propostas:
-EconomÃa con ciencia e conciencia: fomentando o
desenvolvemento sostible, a cargo de Laura Varela Candamio (600 €).
-Taller de reciclaxe e consumo responsable.
MarÃa José Abad López e Ana Isabel Ares Pernas (400 €).
-Práctica de curtametraxes de Ficción
Audiovisual coa Asociación Down Coruña. Teresa Nozal
Cantarero e Sandra MartÃnez Costa (600 €).
-Historias de vida, territorio e
vulnerabilidade. CartografÃa emocional do dereito ao
hábitat na cidade da Coruña. De Laura Cruz López (600 €).
-AsesorÃa xurÃdica a familias, colectivos e
persoas en risco de pobreza ou exclusión social. De Carmen
GarcimartÃn Montero, Xosé Manuel Carril Vázquez e
RocÃo Quintáns Eiras (400 euros).