Premian en Pontevedra o labor da Asociación PuntoGal
martes, 30 de outubro do 2007
O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades
Amigas da Lingua (REAL) concederon
o premio Xoán Manuel Pintos 2007 á Asociación PuntoGal no ámbito galego
polo labor que vén desenvolvendo para conseguir un dominio propio na Internet
para a lingua e cultura galegas.
A entrega do galardón terá lugar durante o transcurso dunha cea o vindeiro 16
de novembro no Pazo da Cultura pontevedrés. No
ámbito local foi o debuxante Kiko da Silva o que elixido para recoñecer o seu
«compromiso constante co galego».