Prenden en España a un sospeitoso do ataque a Twitter do verán pasado

mércores, 21 de xullo do 2021 Marcus Fernández

Hai cousa dun ano Twitter padeceu unha vulneración da súa seguridade que saíu á luz ao publicarse unha mensaxe cun calote (solicitando cantidades económicas en BitCoin para recibir tal multiplicada por dous) dende contas de celebridades millonarias como Bill Gates, Elon Musk, Kanye West, Jeff Bezos, Joe Biden, Warren Buffet, Barack Obama e Mike Bloomberg, comentándose que isto tería sido posible grazas a que un terceiro conseguiu o acceso ás ferramentas administrativas de Twitter, posiblemente coa colaboración dun empregado da compañía.
Curiosamente a situación vai camiño de esclarecerse, xa que veñen de prender en España a un cidadán británico de 22 anos chamado Joseph O’Connor, a quen acusan de estar involucrado no ataque a Twitter, así como de intrusións a contas de TikTok e Snapchat, e mesmo de acosar pola Rede a unha persoa menor de idade.

PUBLICIDADE