Preparan un novo modelo de Motorola Razr
martes, 28 de decembro do 2021
A
finais de 2019 a presentación do novo Motorola Razr con pantalla encartable
conseguiu grande repercusión mediática, para chegar
poucos meses despois ao noso mercado a un prezo de 1.599 euros, o que
provocou que o público ignorase completamente un produto cun prezo disparatado
(xa que as prestacións técnicas do terminal correspondían a un móbil de gama
media), pero o grande éxito de vendas que está a ter actualmente o Samsung
Galaxy Z Flip3 5G podería ter bastante que ver co feito de que agora anuncien
que o Motorola Razr volverá ao
mercado cun novo modelo.
A nova xeración de Motorola Razr promete unha maior potencia, unha aparencia
máis coidada e unha interface máis intuitiva, aínda que polo momento non dan
detalles sobre o prezo e data de lanzamento, e polo momento só está previsto o
seu lanzamento en China. Conseguirá o novo smartphone encartable gañar relevancia
ou quedará nunha anécdota coma os seus predecesores?