Preparan un remake en alta definición de Toki

luns, 19 de outubro do 2009 Marcus Fernández

JPEG - 117.8 KB
O cambio gráfico entre o orixinal e o remake é notable

Os afeccionados aos videoxogos retro estarán encantados ao coñecer que Golgoth Studio está a traballar na elaboración dun remake de Toki, xogo que en 1989 chegara a máquinas recreativas e adaptárase despois a consolas de videoxogos (Nintendo, Mega Drive e Atari Lynx) e ordenadores (Spectrum, Amstrad CPC, Commodore 64, Atari ST e Amiga).
A revisión do xogo no seu 20º aniversario conservará a mecánica bidimensional, pero redebuxará todos os seus gráficos para adaptalos á alta definición, xa que as plataformas para as que estará dispoñible serán Xbox LIVE Arcade e PlayStation Network.
Polo momento non se sabe a data de lanzamento desta revisión de Toki, pero é de agardar que sexa durante 2010.

PUBLICIDADE