Preparan unha chaqueta cunha capucha que deixa pasar o son
luns, 21 de xullo do 2014
A innovación tecnolóxica non chega só a través de produtos
electrónicos, senón tamén mediante os seus acompañantes,
entre os que podemos destacar un novo produto desenvolvido dende a compañÃa de
San Francisco Betabrand, que vén a ser unha
chaqueta con capucha feita dun tecido acusticamente
transparente, que permitirÃa que incluso puidésemos empregar
auriculares sobre a propia capucha.
Esta curiosa chaqueta con capucha está a financiar a súa fabricación mediante
micromecenado, de xeito que os interesados poden optar ao proxecto pagando
142,20 dólares (105,15 euros) polo produto (o que supón un desconto do 10%), o
que fixo que a 22 dÃas para rematar a campaña xa teñan case captado o dobre da
cantidade que tiñan prevista para que a chaqueta poida converterse nun produto
comercial.
Esta curiosa chaqueta é resistente á auga, ten peto interno e externo á altura
do peito (para facilitar, por exemplo, o uso dun reprodutor multimedia) e petos
inferiores para as mans (cun orificio para poder extraer o cable duns
auriculares). Espérase que o produto sexa realidade no mes de outubro, cando
comezarÃa a enviarse aos seus mecenas.
VÃdeo promocional da chaqueta con capucha de Betabrand