Presentada en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia

luns, 4 de novembro do 2024 S. P.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou na presentación dunha audioguía dixital que pon o foco no rico patrimonio turístico, histórico e comercial da provincia. A ferramenta estreouse a semana pasada reivindicando o centro histórico de Celanova e permitindo que este "sexa o primeiro espazo aberto de carácter monumental de Galicia que conte cunha audioguía dixital multimedia para que os visitantes poidan ser guiados polas rúas comerciais a través do patrimonio local".
A Deputación, en colaboración coa Asociación de Comerciantes CHEA, contribuirá a dinamizar a economía do comercio local a través da dixitalización do material turístico en papel.
O proxecto contou con co-financiamento de Fondos Next Generation.
Os usuarios poderán obter esta audioguía a través dun código QR que se lle facilitará de balde nos comercios adheridos a esta iniciativa, e poderán escoitala no seu teléfono móbil pudendo deixala de recordo para escoitala con máis profundidade nos seus fogares. "Da man da cooperación institucional seguimos dando pasos firmes para a posta en valor do noso territorio provincial, ofrecendo ferramentas para que os municipios poidan desenvolver políticas de proxección turística innovadoras e produtivas", explicou Luis Menor, amosando o seu convencemento de que "esta audioguía suporá un antes e un despois na política de promoción turística do municipio".