Presentada unha escolla dos mellores produtos TIC para o sector marítimo desenvolvidos en Galicia e noutros catro países
mércores, 6 de maio do 2015
Santiago acolleu hoxe a
presentación do BAT (Best Available Tecnologies), un catálogo
que escolma as tecnoloxías máis salientábeis, todas elas
dispoñíbeis, para mellorar a xestión, a actividade, a
produtividade, a eficiencia e a rendibilidade das empresas galegas
marítimas e, por extensión, de toda a ribeira atlántica europea. A
selección, que
abrangue 29 produtos e servizos TIC con orixe en cinco países,
insírese nas liñas de traballo do proxecto europeo STAMAR, que se
dirixe a fortalecer a competitividade e a innovación das PEME do
sector, e no que participan, pola nosa terra, a Axencia de
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e máis a Axencia
Galega de Innovación (GAIN).
Ademais, xuntan forzas
no proxecto sete entidades centradas na transferencia tecnolóxica, a
innovación e a economía marítima de Francia, Reino Unido, Irlanda
e Portugal.
A
presentación do BAT, fai saber AMTEGA,
é o eixo central da primeira das xornadas divulgativas de STAMAR
para PEME,
asociacións e entidades públicas e privadas do ámbito marítimo,
que foi inaugurada hoxe no Centro de Novas de Galicia pola directora
da axencia,
Mar Pereira, o director da GAIN, Manuel Varela, e a secretaria xeral
técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, Isabel Concheiro.
Segundo
engaden máis en detalle AMTEGA e GAIN, o catálogo presentado
en Santiago é un
documento exhaustivo no que se achegan
referencias e información sobre
29 tecnoloxías, cunha media de entre tres e seis solucións por
socio. En Galicia identificáronse un total de 23 tecnoloxías
relevantes polo que se decidiu, ademais de incluír unha selección
no BAT, elaborar un catálogo
específico de tecnoloxías galegas para difundir o potencial da
Comunidade neste eido. “Ambos documentos”, explican as
axencias da Administración autonómica, “servirán para dar a
coñecer estes avances tecnolóxicos ao sector marítimo e tamén
para fomentar o coñecemento a nivel comunitario destes produtos
tecnolóxicos e dos centros e empresas TIC que os desenvolveron,
contribuíndo a apertura de novas oportunidades de mercado.”
Ademais da elaboración
do BAT, STAMAR abrangue outras iniciativas como o estudo
Identificación das necesidades tecnolóxicas do sector para
coñecer o nivel de integración das TIC nas empresas deste ámbito
e cales son as súas demandas no eido tecnolóxico. Tamén inclúe a
creación dun Centro Transnacional Demostrador de tecnoloxías, que
se nutrirá en boa medida da bagaxe xerada polo Centro Demostrador
TIC de Galicia, que como lembraremos serve para xuntar, nun único
escenario, aos desenvolvedores galegos de produtos tecnolóxicos
innovadores e os potenciais usuarios e demandantes dos mesmos.
No que se refire ás
actividades de divulgación en Galicia, recordar que xunto coa
xornada de hoxe en Santiago están previstas outras tres adicadas ao
sector naval e as tecnoloxías relacionadas coa seguridade marítima
e a xestión portuaria. En colaboración coa GAIN celebraranse,
tamén, dous eventos de co-creación, que, en palabras da axencia,
“servirán de punto de encontro entre centros tecnolóxicos e PEME
do marítimo para fomentar a creación de proxectos conxuntos”.