Presentan a campaña Me gusta Internet, seguro que sí

xoves, 13 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Miguel A. Villanueva, delegado da Área de Economía e Emprego do Concello de Madrid, amosando a camisola da campaña

A Asociación de Usuarios de Internet e o Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicacións lanzaron a campaña Me gusta Internet, seguro que sí, para fomentar a confianza e o uso da Rede entre os usuarios.
A campaña contará coa colaboración de varias comunidades autónomas (entre as que se atopa Galicia), concellos e empresas, terá unha duración de 2 meses e empregará as redes sociais de colexios, universidades, aulas de tecnoloxía e telecentros, para facer chegar a tódolos cidadáns as experiencias e beneficios do uso da Internet para que cidadáns se beneficien das posibilidades que ofrece a Rede.
Para dinamizar a campaña os cidadáns poderán participar creando os seus propios vídeos narrando as súas experiencias coa Internet, así como as vantaxes do medio (polo que recibirán unha camisola e participarán nun concurso). Tamén se desenvolveron guías electrónicas explicativas do bo uso da Rede e xogos que pretenden amenizar a experiencia divulgativa.
A presentación desta nova iniciativa correou ó cargo de Miguel Pérez Subías, presidente da Asociación de Usuarios de Internet, e Miguel A. Villanueva, delegado da Área de Economía e Emprego do Concello de Madrid, xunto a representantes das comunidades autónomas e empresas (El Corte Inglés, Telefónica, Axencia Tributaria, Click Seguros, Panda Security e Vocento) que colaborarán na campaña de ámbito estatal.

PUBLICIDADE