Presentan en A Coruña a versión 3.6 de Ovi Mapas
martes, 5 de abril do 2011
- Na presentación de Ovi Maps visitouse a Torre de Hércules coma un dos puntos emblemáticos da cidade que poden verse en 3D en Ovi Mapas
Esta
mañá Nokia convidou a distintos medios de comunicación a acompañar a varios dos
seus representantes nunha viaxe en limusina pola cidade de A Coruña para
achegarse aos puntos máis emblemáticos da cidade herculina para asà poder
comprobar de primeira man o funcionamento da versión 3.6 de Ovi Mapas,
aplicación para teléfonos móbiles de Nokia que ofrece navegación GPS por voz
para coche e peón de balde e de por vida, presente en case 100 paÃses e que
soporta 46 idiomas, de xeito que incluso é posible escoitar as súas locucións
en español (ou pórlle a nosa propia voz).
A nova versión de Ovi Mapas inclúe contidos Premium de balde como as guÃas
Lonely Planet e MichelÃn, información de eventos (Wcities), Páginas Amarillas,
Qype, TripAdvisor, guÃas TimeOot e Berlitz, buscador de hoteis HRS Hotels e
BookATable (para pode realizar reservas directamente dende o móbil), incluÃndo
tamén MapReporter (un sinxelo servizo en liña que axuda a notificar erros na
cartografÃa do móbil (para corrixila posteriormente).
- Ovi Mapas permÃtenos ver a Torre de Hércules en 3D nos seus escenarios virtuais
Ovi Maps tamén permite visionar os mapas en 2D e 3D (de xeito que puntos
emblemáticos como a Torre de Hércules, o estadio de Riazor, a casa do Concello
ou a Casa das Ciencias poden verse proxectadas tridimensionalmente no mapa;
pero a súa mellora máis significativa é que os mapas do servizo poden
descargarse ao terminal a través de Wi-Fi, o que evita a conexión co PC (se
queremos) e facilita a navegación GPS sen conexión á Rede, de xeito que non
precisaremos dun plan de datos para poder guiarnos co móbil polas estradas de
practicamente todo o mundo.
A aplicación para móbiles tamén consulta unha base de datos de radares fixos
(para evitarnos sorpresas) e informa ao usuario no caso de conducir a unha
velocidade superior á permitida.
Durante o encontro coruñés puido probarse o servizo nos móbiles Nokia E7 e Nokia C7, terminais con pantalla táctil que
agora aceptan xestos para funcións como ampliar un mapa na pantalla do móbil, polo
que o uso de Ovi Mapas é bastante natural, aÃnda que os usuarios de terminais
de Nokia anteriores (con soporte de GPS) tamén poderán actualizar o seu
navegador a esta última versión para poder tirar un mellor proveito desta
tecnoloxÃa que está a facilitarnos a vida especialmente cando viaxamos a unha
vila que non sexa a nosa.
Aparte do seu uso como navegador GPS, os Nokia C7/E7 son dispositivos moi
atractivos para a reprodución multimedia ou para o uso de redes sociais (tamén
integradas nos mapas), polo que os incondicionais da compañÃa finlandesa
poderán continuar a confiar nos seus móbiles mentres non chegan os terminais
con Windows Phone 7 prometidos para 2012 grazas ao acordo con Microsoft.
- Durante a viaxe en limusina detallaron as caracterÃsticas da nova versión de Ovi Mapas
- Ovi Maps 3.6 permite ver a Torre de Hércules en 3D
- A nova cartografÃa de Ovi Mapas é obra de Navteq
- O teclado QWERTY do Nokia E7 facilita o envÃo de mensaxes de texto e a escritura de correos electrónicos