Presentan en China televisores con procesadores S4 de 4 núcleos
xoves, 9 de maio do 2013
Os
fabricantes chineses non se conforman con achegar potentes smartphones ao
mercado, senón que agora atrévense tamén cos televisores e esta semana o
provedor de contidos LeTV anunciou os
seus Super TV, unha familia de televisores que integran tecnoloxÃa de
Innovation Works, Qualcomm, Foxconn e Sharp.
Un dos
televisores máis destacables desta nova gama serÃa o LeTV Super TV X60, que
encerra nun corpo de aliaxe de aluminio un panel Full HD de 60 polgadas a 120
Hz e con soporte 3D, un procesador Snapdragon S4 Prime MPQ8064 de catro núcleos
a 1,7 Ghz (con 2 Gb de RAM e gráfica Adreno 320) e Wi-Fi dual, de xeito que os
servizos tipo Smart TV desenvólvense con soltura neste equipo que pode
controlarse cun mando a distancia opción que integra xiroscopio (para funcionar
dun xeito semellante a un mando da Wii). Tamén é posible equipalo con
PrimeSense, un sensor semellante ao Kinect de Microsoft.
O seu prezo no mercado chinés será de 6.999 iuans (874,95 euros) e abrirÃa o
acceso a máis de 2.000 aplicacións para o televisor, máis de 90.000 episodios
de series de televisión e unhas 5.000 pelÃculas de balde (grazas ao completo catálogo
audiovisual de LeTV).
Máis asumible serÃa o televisor S40, que terÃa pantalla Full HD 2D de 39
polgadas e venderÃase por 1.999 iuans (249,90 euros).
- Os novos televisores facilitan o acceso aos contidos de LeTV