Presentan en Malaisia o Honor X9 5G

luns, 28 de marzo do 2022 Marcus Fernández

Agora que a marca Honor é independente de Huawei está a procurar coller forza para coller parte da cota de mercado perdida pola súa compañía nai, e aínda que o seu catálogo europeo aínda é bastante reducido, podería mellorar bastante en breve, e así tempos que en mercados como o de Malaisia xa están a anunciar o Honor X9 5G.
Aínda que polo momento non dan prezo, o Honor X9 5G será un smartphone moi interesante, cunha pantalla de 6,81 polgadas e velocidade de refresco de 120 Hz, procesador Qualcomm Snapdragon 695 5G fabricado con tecnoloxía de 6 nm, 8+2 GB de RAM, cámara traseira tripla cun sensor principal de 48 Mpíxeles, cámara frontal de 16 Mpíxeles, e unha batería de 4.800 mAh con carga rápida de 66 watts (que podería cargarse ao 81% en media hora).
Estamos ante o que podería ser un móbil de gama media de referencia, dependendo o seu éxito principalmente do prezo e a distribución que consiga ter este smartphone (pois non podemos esquecer que a nova Honor non conta coa maquinaria comercial de Huawei).

PUBLICIDADE