Presentan novos xogos de Kingdom Hearts

luns, 11 de abril do 2022 Marcus Fernández

Dentro da celebración do 20º aniversario de Kingdom Hearts, Square Enix e Disney anunciaron que xa se atopa nas súas primeiras fases de desenvolvemento Kingdom Hearts IV, ou sexa, que haberá unha nova grande entrega desta serie de xogos de rol.
No tráiler do anuncio podemos ver a Sora cun aspecto actualizado para dar comeza a unha nova trama narrativa bautizada como «o arco do mestre perdido», así como tamén podemos ver a Sora enfrontándose a un inimigo xigantesco, preséntase Quadratum (unha cidade enorme pertencente a un mundo realista como nunca antes se viu nesta serie) e tampouco faltarán Donald e Goofy como compañeiros de Sora.
Adicionalmente Square Enix tamén presentou o xogo Kingdom Hearts Missing Link, un xogo para iOS e Android que levará as aventuras dende o mundo de Scala ad Caelum ao mundo real. Permitirá enfrontarnos aos sencorazón en combates trepidantes e descubrir unha nova historia orixinal. Esta previsto que este mesmo ano estea dispoñible en beta pechada.

JPEG - 60.9 KB
Sora presentará unha nova aparencia en Kingdom Hearts
JPEG - 63.1 KB
Goofy e Donald están de volta en Kingdom Hearts IV

Tráiler cos anuncios realizados co gallo do 20º aniversario de Kingdom Hearts

PUBLICIDADE