Presentan o MediaCenter 4G de InOutTV como unha nova xeración do lecer multimedia

mércores, 14 de abril do 2010 Marcus Fernández

A pasada fin de semana InOutTV presentou en España o seu novo produto, o MediaCenter 4G, unha nova solución que busca a coexistencia entre a televisión e a Internet, concretamente a través dun dispositivo reprodutor multimedia que pode reservarse ao prezo especial de 149,95 euros, e que inclúe un dobre sintonizador de TDT de alta definición, saída HDMI, lector de tarxetas de memoria e 2 portos USB, que serven tanto para conectar dispositivos de almacenamento coma un adaptador Wi-Fi.
O trebello, que véndese sen disco duro (aínda que pode instalarse un no seu interior), reproduce os formatos multimedia máis populares (incluíndo vídeos MKV de ata 1.080p e son DTS), complementa a recepción/gravación de TDT cos servizos de guía de programación de InOut TV, e incluso conta coa posibilidade de facer uso de TimeShift.
Podemos destacar que durante as gravación poden establecerse Sincromarcas, de xeito que os momentos máis destacables dun evento deportivo ou dunha serie de televisión poden marcarse nos vídeos, para poder acceder a estes intres de xeito rápido e doado.
Espérase que o produto chegue finalmente ao mercado durante a primeira quincena de xuño, aínda que o MediaCenter 4G de InOutTV non chegará á súa versión definitiva ata finais do verán.


Vídeo da presentación do novo produto de InOutTV

PUBLICIDADE