Presentan o karaoke máis pequeno do mundo
mércores, 18 de xuño do 2008
O fabricante de xoguetes
Takara Tomy anunciou que está a desenvolver o
karaoke máis pequeno do mundo coñecido coma Hi-Kara,
que ten forma de cubo con arestas de 7 centÃmetros e un peso de 150 gramos.
O Hi-Kara ten unha pantalla de 2,4 polgadas iluminada por LED na que presenta
vÃdeos musicais e a letra das cancións que reproduce, mentres que o usuario
pode empregar este xoguete mediante uns auriculares con micrófono ou
directamente con altofalantes.
Funciona con 4 pilas AAA que lle dan unha autonomÃa de ata 4,5 horas e as cancións
se cargan en cartuchos. O dispositivo venderase
a partir de outubro no Xapón a 10.500 iens (uns 63 euros), mentres
que os cartuchos de cancións custarán 2.100 ou 3.675 iens (12,6 ou 22,05 euros)
segundo inclúa 10 ou 20 temas musicais.