
VAIO Corporation é unha compañía con menos de 240 empregados, que comeza a operar agora no Xapón (polo momento carecen de plans de internacionalización), conservando a marca de Sony e continuando a apostar por portátiles con deseño coidado que, de feito, son practicamente iguais aos portátiles que Sony puxo á venda o ano pasado.
O VAIO Fit é un portátil con pantalla de 15,5 polgadas Full HD (no modelo máis potente, existindo versión cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles), con procesador Intel Core i3/i5/i7, gráfica Intel HD 4400, 4/8 Gb de RAM (ampliable ata 16 Gb), gravadora de DVD, Gigabit Ethernet, 2 portos USB 3.0, 2 portos USB 2.0 e sistema operativo Windows 7/8.1, que vén a ser un equipo bastante básico, en contraste co VAIO Pro, que chegan en tamaños de pantalla de 11,6 e 13,3 (Full HD), cun deseño delgado, procesadores Intel Core i3/i5/i7, gráfica Intel 4400, 4/8 Gb de RAM, almacenamento SSD de 128/256/512 Gb, 2 portos USB 3.0 e Windows 7/8.1, que buscan facerse un espazo entre o cada vez máis competitivo mercado dos ultrabooks.
Presentan os primeiros ordenadores VAIO alleos a Sony
Compartir Este Artigo

