Presentan un dron con capacidade de gravación de vÃdeo en 360 graos
xoves, 14 de agosto do 2025
Antigravity, marca de drons incubada por Insta360 e outros socios, presentou hoxe o seu primeiro modelo: Antigravity A1, o que asegura ser o primeiro dron do mundo con captura de 360 graos en resolución 8K. O dispositivo combina unha experiencia de voo inmersiva con controis intuitivos, introducindo un novo enfoque no uso de drons para exploración aérea e creación de contidos.
O Antigravity A1 integra un sistema de cámara de dobre lente, situada na parte superior e inferior da fuselaxe, que permite gravar o contorno completo sen puntos mortos. Unha tecnoloxÃa avanzada de ensamblaxe de imaxes elimina o dron da escena, de maneira que tanto na visualización a través das gafas Vision como na reprodución final o aparello é invisible.
A experiencia inmersiva complétase coa tecnoloxÃa FreeMotion de Antigravity e o seguimento de cabeza, que permiten ao piloto mirar en calquera dirección mentres controla o voo con xestos manuais mediante o controlador Grip. Isto posibilita, por exemplo, voar nunha dirección mentres se observa noutra, separando a orientación visual da traxectoria de voo.
O equipo, que pesa 249 gramos e cumpre coa normativa de voo recreativo sen licenza en moitos paÃses, está orientado a creadores, familias, viaxeiros e usuarios principiantes. O seu formato compacto facilita o transporte e a posta en marcha en poucos segundos. O deseño está inspirado nas cámaras Insta360 da serie X, polo que ofrece opcións creativas como reencadrado posterior, efectos Tiny Planet, xiros de horizonte e exportación de múltiples ángulos en calquera formato sen perda de calidade.
Entre as medidas de seguridade, o A1 incorpora retorno automático á base e un sistema de detección de carga para evitar usos non autorizados ou modificacións.
O Antigravity A1 sairá á venda a nivel mundial en xaneiro de 2026, con prezos e lotes aÃnda por determinar.
VÃdeo de presentación do Antigravity A1
