Presentan un novo lector de e-books con pantalla dual
luns, 19 de outubro do 2009
Despois de que filtrasen imaxes
do que poderÃa ser o lector de libros electrónicos de Barnes & Noble,
chega agora o Alex
de Spring Design, que coincide no concepto de contar cunha pantalla
dual, pero que destaca por funcionar co sistema operativo Android.
Este novo dispositivo estarÃa formado por unha pantalla monocroma de E Ink de 6
polgadas na que ler textos, baixo a que haberÃa unha pantalla LCD de 3,5
polgadas na que correrÃa o Android coma nos móbiles actuais, de xeito que
permitirÃa incluso o acceso á Internet (podendo trasladarse os contidos á
pantalla de papel electrónico para unha lectura máis confortable), pois o
dispositivo tamén gozarÃa de conectividade Wi-Fi e 3G. Tamén conta con toma de
auriculares e altofalante, asà coma lector de tarxetas SD.
Este dispositivo deberÃa
chegar ao mercado este ano, aÃnda que non deron detalles sobre o seu
lanzamento comercial.