Novas lentes con IA para persoas con problemas de visión
xoves, 14 de agosto do 2025
Como un novo xeito de rachar barreiras, a marca Solos (que comercializa diferentes modelos de lentes con IA integrada) está a colaborar con Envision para a creación das Ally Solos Glasses, lentes deseñadas especificamente para persoas cegas ou con baixa visión, ofrecendo unha experiencia de uso intuitiva, verbal e portátil que transforma a relación co contorno cotián.
O dispositivo combina o hardware de Solos coa intelixencia artificial de Ally, un asistente virtual que entende a voz, o ritmo e o contexto do usuario (creado mediante a combinación de sistemas como Llama, ChatGPT, Gemini e Perplexity). A interacción coas lentes non require comandos complexos nin aprendizaxe técnica: basta con falar, como se se tratase dun diálogo natural. Esta sinxeleza é clave para que o sistema sexa útil non só para persoas con discapacidade visual, senón tamén para maiores, persoas con necesidades cognitivas ou calquera usuario que prefira unha interface verbal directa.
As funcionalidades das Ally Solos Glasses son amplas e adaptadas á vida real. Permiten ler sinais, menús, pantallas e documentos; describir escenas e recoñecer obxectos, persoas e lugares; escanear cartas, libros e formularios; consultar o tempo, o calendario ou as noticias; traducir etiquetas e instrucións; e mesmo xogar ou escoitar música. Todo isto, mentres se mantén unha conexión fluÃda co teléfono móbil a través da aplicación Ally, compatible con Android e iOS.
O deseño das gafas responde ás esixencias da vida diaria. Pesan menos de 50 gramos, son resistentes á auga e están dispoñibles en varios tamaños e estilos. A baterÃa ofrece ata 15 horas de autonomÃa, con opción de carga rápida (que permite 3 horas de uso con só 15 minutos de carga), e a cámara de alta resolución está optimizada para o recoñecemento de texto, obxectos e escenas. Os altofalantes direccionais permiten escoitar con claridade sen illarse do entorno, e os micrófonos integrados captan a voz do usuario en calquera situación.
Envision, a empresa detrás do proxecto, xa fora pioneira en 2020 ao lanzar, en colaboración con Google, as primeiras gafas con IA para persoas cegas. As Ally Solos Glasses representan a evolución dese compromiso, cun asistente máis potente, un hardware mellorado e unha visión máis ampla da accesibilidade. Non se trata só de ver, senón de participar, decidir e vivir con autonomÃa.
A venda anticipada do dispositivo xa está dispoñible a un prezo de 499 euros e cada compra inclúe un ano de subscrición a Ally Pro, ademais dos accesorios necesarios para o seu uso. A entrega está prevista para outubro de 2025.
VÃdeo promocional das Ally Solos Glasses
