Preséntase Virtus, a plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC
xoves, 24 de outubro do 2024
- As autoridades coñeceron no plató virtual as potencialidades de Virtus. Foto: Santi Alvite
Foi onte, mércores 23 de outubro, cando Virtus, a plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC, era presentada na Facultade de Ciencias da Comunicación na Xornada de Portas a Virtus, que inaugurou o reitor Antonio López xunto coa vicerreitora de PolÃtica CientÃfica, Pilar Bermejo; o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero, e a decana da Facultade de Ciencias da Comunicación Ana Isabel RodrÃguez.
Virtus bota a andar a xeito de espazo común de solucións virtuais avanzadas tanto para a innovación docente e a difusión investigadora como para a transferencia tecnolóxica e de coñecemento ao tecido TIC e audiovisual galego.
Cómpre dicir que con esta infraestrutura os diferentes grupos de investigación e axentes sociais poderán desenvolver os seus proxectos dunha maneira colaborativa e multidisciplinar botando man dos usos e potencialidades inherentes ás tecnoloxÃas de realidade virtual e mixta. Dicir que este proxecto xorde do labor realizado dende hai anos por parte do Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC.
Tendo como centro tecnolóxico o Escenario (Plató) Virtual de Televisión de última xeración recentemente instalado na Facultade de Ciencias da Comunicación, Virtus pretende ser o núcleo de creación de contidos baseados en realidades virtual e mixta e unha punta de lanza na integración efectiva destas tecnoloxÃas no dÃa a dÃa da investigación universitaria.
Esta plataforma achegará a posibilidade de gravación de contidos de curta ou longa duración para a divulgación do coñecemento e a transferencia efectiva do coñecemento cientÃfico xerado na USC e permitirá a participación remota e en vivo en eventos cientÃficos, substituÃndo o habitual espazo de presentación por unha contorna 3D con realización en directo, movemento de cámaras e integración de contidos 2D e 3D. Asemade, Virtus tamén tero outro uso, será a valorización do patrimonio material e inmaterial a través das máis novidosas ferramentas tecnolóxicas.
Virtus vai encamiñada a toda a comunidade universitaria e ao sector audiovisual e TIC de Galicia, e chega grazas ao financiamento europeo do programa Next Generation de 640.218,50 euros. Na xornada tamén explicaron detalles das posibilidades da plataforma o seu director cientÃfico, Enrique Castelló; o director técnico, Roi Méndez; e o técnico audiovisual Manuel Fidalgo, e tivo lugar a mesa redonda Virtus na Academia: docencia e investigación, seguida dunha quenda de visitas ás instalacións orientada ao sector académico. Na segunda mesa redonda, orientada ao sector audiovisual e TIC, adicouse a valorar as posibilidades de proxectos conxuntos universidade-empresa, e á súa finalización houbo unha nova quenda de visitas ás instalacións.
Pola tarde seguiron os obradoiros de tecnoloxÃa virtual, impartidos por Miguel Jiménez Moya, de Brainstorm Multimedia, e The Argounauts, socios tecnolóxicos de Virtus.