Preséntase en sociedade a Rede Galega de TecnoloxÃas Cuánticas
mércores, 6 de setembro do 2023
A directora da
Axencia Galega de Innovación, Patricia
Argerey, presentou esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia a Rede Galega de
TecnoloxÃas Cuánticas, unha rede de colaboración entre a Administración, os
centros tecnolóxicos e de investigación, as universidades e o sector
empresarial para sumar esforzos e avanzar no liderado de Galicia en tecnoloxÃas
cuánticas.
No acto
explicouse a necesidade de crear esta rede de colaboración para facilitar o
desenvolvemento dun ecosistema completo de coñecemento e industrial ao redor
destas tecnoloxÃas, contribuÃr ao mellor posicionamento e visibilización das
capacidades de Galicia en investigación e impulsar a adopción destas
tecnoloxÃas polo tecido empresarial.
Entre os
obxectivos da Rede atópanse impulsar a colaboración entre os axentes en
tecnoloxÃas cuánticas, permitindo un mellor aproveitamento das capacidades e
xerando sinerxÃas; fomentar a participación conxunta en proxectos de I+D;
coordinar as infraestruturas e recursos; coordinar accións de comunicación e
difusión; colaborar no posible desenvolvemento de estudos de demanda,
prospectiva e observación tecnolóxica; promover os cambios regulatorios que se
requiran; deseñar ferramentas e instrumentos especÃficos para o desenvolvemento
destas tecnoloxÃas; fomentar o seu uso nos sectores económicos estratéxicos de
Galicia e a xeración de empresas especializadas; promover o posicionamento da
Rede fóra de Galicia; atraer industria e capital humano cara a nosa Comunidade;
e coordinar co sector educativo e outros axentes formación especializada.
A directora de
Gain agradeceu a todos os integrantes da Rede a súa rápida adhesión e subliñou
a importancia de crear este espazo de traballo conxunto para que Galicia sexa
referente en tecnoloxÃas cuánticas no horizonte do ano 2030. Ademais, apuntou o
impacto destas tecnoloxÃas, que permitirán acelerar o desenvolvemento económico
en practicamente todos os sectores, e polas que se está a realizar unha
importante aposta tanto a nivel internacional, europeo, estatal e galego.
Argerey apuntou
que esta Rede se enmarca precisamente nesta aposta de Galicia polas tecnoloxÃas
cuánticas, que arrincou co lanzamento no 2022 do Polo de TecnoloxÃas Cuánticas
de Galicia, no marco do se están a realizar investimentos por importe de máis de
30 millóns de euros e no que xa se crearon máis de 40 empregos directos de alta
cualificación.
Ademais, destacou
a posición de liderado de Galicia nesta materia, que se converterá na primeira
Comunidade Autonóma en contar cun computador cuántico de gran capacidade no
Cesga, do que se beneficiará todo o tecido empresarial galego, centros
tecnolóxicos e de investigación e universidades e permitirá incrementar a
competitividade da economÃa galega a medio prazo. Ao computador súmanse o
Quantum Communication Center da Universidade de Vigo e o International Quantum
Center de Fujitsu en Galicia, a participación galega no Plan Complementario de
Comunicación Cuántica e a primeira edición este curso do Máster
Interuniversitario de Cuántica.
Para concluÃr,
Argerey convidou a todos os axentes interesados a sumarse a esta alianza,
especialmente ás empresas, e a participar activamente nela para avanzar na
consecución dunha Galicia máis moderna e innovadora grazas ás tecnoloxÃas
cuánticas.
- Esta alianza integra á Xunta, ás tres universidades galegas , o CESGA, o Clúster TIC, os Hubs de Innovación Dixital DIHGIGAL e DATAlife, o centro tecnolóxico Gradiant, o Fujitsu International Quantum Center e o Centro de TecnoloxÃas Fotónicas