Preséntase en sociedade a empresa galega TTT Social Center
venres, 30 de setembro do 2011
Hoxe, no Centro Social de Novacaixagalicia
de Santiago de Compostela, tivo lugar a presentación oficial de TTT Social Center, empresa de nova creación,
que ofrece servizos de grande demanda cunha perspectiva diferente, apostando
dun xeito especial pola responsabilidade social corporativa, pois facilita a
integración social dos seus traballadores, que serán preferentemente persoas
con diversidade funcional, grazas ás facilidades que achegan as TIC.
O capital humano e a tecnoloxÃa posta ao seu servizo para a un primeiro plano
en TTT, co obxectivo de favorecer a plena integración social de persoas con
discapacidade, dando preferencia á súa contratación, igualdade de
oportunidades, accesibilidade universal, deseño para todos e non discriminación.
TTT ofrece servizos de contact center,
accións de mercadotecnia social, telemarketing... dende o propio domicilio do
seu persoal, grazas á tecnoloxÃa e o saber facer empresarial e social do tres
promotores desta iniciativa: José MarÃa López Bourio (Noa Innova SL), David
Belo Gacio (IP Global SL) e Enrique Varela (Tenyus Socialware SL).
Ante un nutrido grupo de representantes de
empresas, institucións e entidades sociais, este tres emprendedores galegos
desvelaron as calidades de TTT como empresa galega de alcance global, altamente
innovadora tanto en tecnoloxÃas como na xestión do capital humano, ofrecendo
servizos socialmente responsables por e para a sociedade, por e para aquelas
empresas e entidades que desexen cubrir as súas necesidades de telemarketing,
social media, etc. profesional e responsablemente.
O primeiro dos promotores en dirixirse aos asistentes esta mañá foi José MarÃa
López Bourio, quen fixo un repaso á súa traxectoria como emprendedor,
asegurando que, pese a estar moi a favor das asociacións de novos empresarios,
a creación de empresas non debe ser exclusiva da mocidade, senón que o
emprendemento non ten idade, como demostra el cos seus 61 anos na creación de
TTT Social Center, que é a súa penúltima
empresa (pois adiantou que xa está a traballar noutro novo proxecto). Tamén reivindicou
o papel das empresas na creación de emprego e como motor da sociedade.
Pola súa banda, David Bello Gacio comentou a evolución da súa empresa en
servizos de telemarketing, e como foi
evolucionando ata unha serie de servizos desexados
polos usuarios, fronte a outros servizos intrusivos aos que por desgraza estamos
tan afeitos, subliñando que as novas solucións que están a xurdir dende
compañÃas como a súa están a permitir que incluso os negocios de pequenas
dimensións poidan ter servizo de atención telefónica (e outros sistemas de
atención ao cliente), aÃnda que tras coñecer a outro dos promotores de TTT,
Enrique Varela, veu que tamén podÃa darse unha volta ao xeito de entender este
tipo de servizos, optando por a perspectiva dos traballadores, concepto que
serÃa a semente deste novo proxecto.
- Enrique Varela destacou as vantaxe que ofrecen dende TTT ao contratar a persoal segundo as necesidades do cliente, cunha aposta tanto social como de proximidade
Varela non só argumentou que existe unha masa social de persoas con
dificultades para integrarse no mercado laboral, e que as solucións
tecnolóxicas poderÃan superar tal atranco, senón que incluso incidiu no feito
de que, ao utiliza unha fórmula de teletraballo dende TTT, é posible que os
servizos de atención ao cliente das compañÃas non estean situados ao outro lado
do Atlántico, senón que os traballadores que atendan ás consultas estean na
nosa proximidade, falando as distintas linguas estatais cos nosos xiros
lingüÃsticos (o que claramente facilita a comunicación) e mesmo coñecendo o
noso contorno, o que pode resultar de grande utilidade, por exemplo, dende un
servizo de información municipal (010), xa que dende TTT poden mobilizar
traballadores alà onde sexan precisos, para formalos e incorporalos á súa
familia, e asà dar un servizo claramente diferenciado.
A nova empresa xa está a dar os seus primeiros pasos, conseguindo as súas
primeiras contratacións, e anunciando que nas vindeiras semanas vai organizar
distintas actividades para darse a coñecer polo resto de España, no que agardan
que axuden á súa proxección comercial, para facer realmente viable un proxecto
moi esperanzador para todo aquel que teña dificultades de integración laboral
por mor dunha diversidade funcional.
- David Bello, Enrique Varela e J.M.L. Bourio son os promotores de TTT Social Center
VÃdeo da presentación de TTT Social Center en Santiago de Compostela