Pretenden recuperar a consola Vectrex cunha versión Mini
mércores, 10 de setembro do 2025
A videoconsola Vectrex, singular máquina dos anos 80 que prescindÃa dun televisor externo apostando por gráficos vectoriais nun monitor CRT integrado (que puidemos ver nos últimos anos en numerosas feiras como RetroCoruña), está a piques de regresar en formato miniatura.
O impulso vén da man de David Flynn Oghia, quen acaba de anunciar unha campaña de micromecenado en Kickstarter para facer realidade a Vectrex Mini, unha reinterpretación moderna que busca preservar o espÃrito da orixinal sen caer na simple nostalxia.
Oghia, que leva anos vinculado á comunidade retro, presentou o proxecto en eventos como Gamescom e en foros especializados, onde a acollida foi entusiasta. A nova consola manterá a estética vertical e o deseño compacto, pero substituirá a pantalla CRT por unha AMOLED de cinco polgadas. Esta decisión, aÃnda que non exenta de controversia entre os puristas, responde á vontade de ofrecer unha experiencia accesible e viable tecnicamente. O dispositivo incluirá conexión HDMI, mando sen fÃos e compatibilidade con tarxetas SD, abrindo a porta a xogos homebrew e a futuras expansións.
A campaña, que aÃnda non está activa pero xa conta con centos de seguidores atentos ao seu lanzamento, propón tamén edicións limitadas en branco e negro, descartando opcións como o dourado por cuestións técnicas. Oghia explicou que quixo ofrecer algo especial, e que o branco lle pareceu unha opción elegante e viable.
A edición limitada de 200 unidades en branco terá un prezo de 219 euros, mentres que a edición normal custará 149 euros, aÃnda que os primeiros mecenas poderán conseguir un prezo máis axustado (pois ofreceranse 50 unidades a 99 euros e outras 200 unidades a 129 euros).
A Vectrex Mini quere reivindicar unha forma de xogar que foi única na súa época.

- Na feria RetroCoruña de 2012 era posible xogar en persoa cunha Vectrex de 1983
