Prime Video proba a dobraxe con IA en español e inglés
mércores, 5 de marzo do 2025
- Long Lost é unha das primeiras producións que contan coa dobraxe en español latino mediante IA
O ano pasado moitos usuarios alertaron da presenza en Prime Video de dobraxes realizadas mediante intelixencia artificial de series surcoreanas como Mi chico es cupido, Fiel al amor ou El latido de mi corazón, creándose bastante polémica, especialmente por non indicarse en ningures que estabamos ante unha dobraxe automática de baixa calidade. Agora que estas dobraxes xa non están dispoñibles podemos entender que eran un ensaio do que Amazon presentou oficialmente hoxe: un programa de dobraxe mediante IA de pelÃculas e series que non se atopaban dobradas en certos paÃses e territorios.
Este programa de dobraxe automática se aplicará a producións das que Prime Video conta cos dereitos para poder realizar este procedemento mediante IA, e busca asà que os usuarios que non gustan de consumir contidos subtitulados teñan unha opción máis accesible para eles de series e pelÃculas que normalmente teñen unha demanda reducida polo que non compensa economicamente a súa dobraxe profesional.
Dende hoxe, a dobraxe automática mediante IA está dispoñible en inglés e español latino nunha ducia de pelÃculas e series, sendo o caso máis directo que podemos comprobar dende España o do filme Long Lost, produción independente estadounidense bastante mediocre que foi lanzada en 2019 e que agora podemos consumir en inglés ou en español latino coa clara indicación de que tal pista de audio está xerada mediante intelixencia artificial (IA beta).
Sobra dicir que a dobraxe carece da interpretación propia de actores profesionais, e basicamente se limita a ler as liñas de diálogo de cada intérprete cando corresponde. Nesta dobraxe poden apreciarse matices como gritos, tons interrogativos e pouco máis, quedando moi lonxe de sistemas de dobraxe avanzada que replican as voces orixinais con precisión, pois dende Prime Video non pretende substituÃr a dobraxe tradicional, senón simplemente ofrecer unha alternativa aos subtÃtulos, como unha opción máis da súa plataforma como xa son as pistas de audio descritivo ou as pistas sonoras con diálogos resaltados para unha mellor comprensión.