Primeira gravadora de Blu-ray a 12x por USB 3.0

xoves, 26 de novembro do 2009 Marcus Fernández

O último produto lanzado por Buffalo Technology supón unha innovación por partida dobre, xa que trátase dunha gravadora externa de Blu-ray que sería a primeira en acadar unha velocidade de 12x e, a maiores, incorpora unha interface USB 3.0, que é a que permite precisamente a velocidade de gravación máis elevada, mentres que por USB 2.0 a velocidade redúcese a 7x.
A Buffalo BR-X1216U3 adiantaríase á chegada tanto de equipos informáticos con USB 3.0 como de discos Blu-ray virxes que poidan gravarse a máis de 8x. Sairá á venda no Xapón a primeiros de decembro por 39.100 iens (305,37 euros).

PUBLICIDADE