Primux achega esta Nadal un novo e dinámico computador all in one
mércores, 26 de decembro do 2018
Primux
Tech, o fabricante galego, quere poñernos as cousas doadas nos nosos
dilemas clásicos de remate do ano: dilemas relativos aos agasallos
tecnolóxicos máis acaídos para familiares ou amigos. Por
este motivo, a empresa ourensá sorpréndenos co seu novo computador
Primux Iox All in One 2301F, nas súas palabras “a elección
tecnolóxica perfecta para este nadal”, en boa medida polas
posibilidades (comodidade, utilidade, prestacións, prezo) que pon en
xogo como ordenador todo-en-un.
O
dispositivo en cuestión, versátil e de liñas elegantes, conta
cunha pantalla de 24 polgadas (23,8 reais) sen marcos e con
tecnoloxía IPS Full HD grao A+, o que ofrece, segundo
Primux, “unha política estrita sen píxeles mortos durante os
controis de calidade”, amais “dunha calidade de imaxe
excepcional”.
Amais,
o Iox All in One 2301F conta coa posibilidade de ampliar a súa
memoria mediante un disco SSD ou disco duro de 2,5 polgadas até 1
TB, o que se engade aos 32 GB de almacenamento interno. Primux tamén
salienta a unión da memoria RAM de 4GB cun procesador Intel Celeron
N3350, o que posibilita ao dispositivo executar con eficiencia e
rapidez todo tipo de procesos. Amais do devandito, o dispositivo
tamén destaca coa inclusión da función multitarefa de Windows 10
(o que achega navegacións intuitivas e doadas, así como “unha
experiencia web mellorada”), a conectividade Wi-Fi 802.11ac ou a
presenza dun porto Gigabit Ethernet para “navegar a máxima
velocidade e gozar de todos os contidos da web”.