Primux anuncia o seu novo smartphone con pantalla de 4,5 polgadas e Android 4.4
luns, 28 de abril do 2014
A ourensá Primux Tech
continúa a reforzar o seu catálogo de dispositivos móbiles baseados en Android,
apostando xa pola última versión do sistema operativo promovido por Google (a
4.4) no terminal que vai ver a luz nos vindeiros días, o Primux Kappa, que
contará con pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles,
procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de
almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb,
cámaras de 8 e 3 Mpíxeles, dobre SIM, Bluetooth 4.0 e radio FM, que incluirá na
súa caixa tanto dúas baterías de 1.700 mAh como unha tapa para a súa pantalla (flipcover) e un protector de pantalla,
de xeito que o smartphone poderá estar protexido dende o primeiro día.
Tamén podemos destacar que este móbil de 8,8 milímetros de grosor emprega a
tecnoloxía OGS na súa pantalla (o que permite reducir o seu grosor) e a súa
cámara traseira conta con enfoque automático, HDR e estabilizador dixital de
imaxe (ZSD).