Prince of Persia: The Lost Crown chega a móbiles
luns, 14 de abril do 2025
O marabilloso xogo Prince of Persia: The Lost Crown chega a dispositivos Android e iOS (cun prezo promocional até o 5 de maio), acompañado dunha versión de proba de balde que permite acceder á introdución do xogo. Este galardoado xogo de plataformas de acción e aventura pode xogarse en mobilidade sen necesidade de conexión á Internet, tanto con mando externo como con controis táctiles, e alcanza os 60 fotogramas por segundo nos dispositivos móbiles máis recentes.
Ambientado no mundo mitolóxico do Monte Qaf, Prince of Persia: The Lost Crown mete ao usuario na pel de Sargon, un mozo guerreiro pertencente ao grupo de elite coñecido como Os Inmortais. A súa misión é rescatar o prÃncipe Ghassan, que foi secuestrado, e devolver o equilibrio a unha terra outrora maxestosa e agora maldita. Como Sargon, haberá que empregar poderes temporais, habilidades de combate e destrezas acrobáticas para enfrontarte a inimigos corrompidos polo tempo e a criaturas mitolóxicas. Tamén haberá que resolver quebracabezas, atopar tesouros ocultos e completar misións para descubrir os segredos do Monte Qaf.
A adaptación móbil, realizada polo estudo Ubisoft Da Nang, inclúe funcións exclusivas como a toma automática de pocións, paradas automáticas e opcións para ralentizar o tempo, asà como outras melloras pensadas para a experiencia de xogo en dispositivos móbiles. Ademais, mantense a totalidade das funcións de accesibilidade do xogo orixinal, galardoado co premio á innovación en accesibilidade nos The Game Awards 2024.
Tráiler de lanzamento da versión móbil de Prince of Persia: The Lost Crown