Principia un ciclo de xornadas para persoas maiores sobre o uso de dispositivos móbiles

mércores, 21 de febreiro do 2018 Redacción

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), unha das entidades aliadas dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 impulsado pola AMTEGA, vén de iniciar un ciclo de vinte charlas informativas sobre o uso de dispositivos móbiles dirixidas a persoas maiores que desenvolveranse até o 23 de marzo en horario de 10:30 a 12:00 horas. Estas charlas poden seguirse en streaming dende calquera das 18 aulas CeMIT que participan e que ofertan un total de 600 prazas.
Os contidos, explicados dunha forma amena e sinxela, están orientados para que os asistentes saquen o máximo partido do uso habitual da tecnoloxía, novas aplicacións e recursos que facilitan a vida cotiá como o orientados á planificación de viaxes, os trámites electrónicos, a fotografía e o vídeo, os pagos por internet ou as aplicacións relacionadas coa saúde e os coidados para una madurez mais activa.
É recomendable poñerse en contacto cos responsables das aulas CeMIT participantes en cada unha das charlas ou inscribirse a través da Internet, para acudir as sesións presenciais, sendo o único requisito esixible o de ser usuario da rede CeMIT.
As aulas que retransmitirán algunha ou todas estas actividade son: Ames, Arzúa, Bande, Beariz, Boiro, Campo Lameiro, Carballedo, Celanova, Cuntis, Fisterra, Leiro, Marín, Oroso, Ortigueira, Pontevedra, Ribadeo, Valga e Xunqueira de Ambía.

PUBLICIDADE