Pro Evolution Soccer 2009 podería ter unha boa acollida na súa versión para Wii

martes, 14 de outubro do 2008 Marcus Fernández

A decepción dos usuarios ante o patético salto da saga de xogos de Pro Evolution Soccer ás consolas de nova xeración (que se plasmou no PES 2008 e segundo as análises previas se está a repetir no futuro PES 2009) foi unha das causas que levou ao FIFA 09 a dominar as vendas de videoxogos en España, pero o videoxogo de Konami que chegará ás tendas a finais de mes nas súas versións de PS3, PS2, PSP e Xbox 360 podería ter unha segunda oportunidade na primavera de 2009, cando sairá unha versión para Wii, que promete ser a salvación da franquicia, xa que se poderá xogar facendo uso do mando da Wii (aínda que tamén será posible optar por un modo de xogo tradicional).
O sistema de control do xogo promete grandes avances (especialmente no sistema de defensa), se mellora a precisión, a intelixencia artificial tamén achegará unha simulación máis realista e un mellor fluxo da acción e incluso estrea un segundo sistema de control para o xogo cooperativo (un xogador pode empregar o mando clásico e outro o mando da Wii e o Nunchuk).
Para facernos unha mellor idea do que será o PES 2009 para a Wii podemos ver un vídeo no que se adiantan moitas das innovacións deste título que podería trunfar na consola de Nintendo:

PUBLICIDADE