Pro Evolution Soccer estrea versión para móbiles con Android
martes, 1 de febreiro do 2011
Tras a súa chegada
a iOS antes do Nadal, o xogo PES
2011 Pro Evolution Soccer chega ao Android
Market a un prezo de 4,99 euros, estreándose na plataforma móbil
promovida por Google, cun realismo sen igual (incrible experiencia de xogo e a
mellor intelixencia artificial do mercado), competicións de clubs da UEFA en
exclusiva (con moitos dos mellores equipos nos modos oficiais UEFA Champions
League e UEFA Europa League), unha excelente accesibilidade (co sistema de
control true flow que combina o uso
do acelerómetro co controis táctiles, aÃnda que os usuarios máis experimentados
preferirán gozar de maior liberdade de movementos con teclado e botóns virtuais,
como nunha consola clásica) e uns sorprendentes
gráficos (aÃnda que xa hai usuarios queixándose de que en diversos terminais o
xogo non enche a pantalla
completamente).
Estamos ante o primeiro grande lanzamento de Konami para móbiles con Android
(xa realizaron un experimento ofrecendo de balde o clásico Frogger, seguido por Contra 4:
Redux), polo que nos vindeiros meses poderiamos ver moitas franquÃas
clásicas achegarse aos dispositivos con Android en vez de limitarse á
plataforma móbil de Apple.
- O PES 2011 para Android semella unha conversión do tÃtulo que chegou hai uns meses para o iPhone
Asà podemos ver o PES 2011 nun móbil con Android
- Código QR para acceder ao PES 2011 Pro Evolution Soccer no Android Market