Problemas co firmware 3.0 da PS3
xoves, 3 de setembro do 2009
Algúns usuarios da PlayStation 3 están a experimentar problemas coa última actualización do firmware da consola, de xeito que os mandos deixan de funcionar axeitadamente e algúns xogos comezan a presentar colgues. É de agardar que en breve lancen unha nova versión que corrixa os problemas presentados no firmware 3.0.