Problemas de funcionamento de X por mor dun ataque
luns, 10 de marzo do 2025
- O Dark Storm Team reivindicou o ataque
Durante a xornada de hoxe X/Twitter experimentou serios problemas de funcionamento, quedando practicamente fóra de servizo, situación ante a que o seu propietario, Elon Musk saÃu a dicir que era consecuencia dun ataque a grande escala, para o que se empregaron grandes recursos, polo que tiña que estar detrás un grupo organizado ou un paÃs.
Posteriormente asegurou ante os medios de comunicación que o ataque proviña de enderezos IP de UcraÃna, aÃnda que non hai xeito de verificar tal información, especialmente ante a pouca fiabilidade que ten Musk realizar comentarios sobre tal territorio.
Finalmente o grupo Dark Storm Team reivindicou o ataque a X dende unha publicación en Telegram. Falamos dunha organización con inclinacións a favor de Palestina, que ten como obxectivo normalmente a organizacións estatais que apoian a Israel e a negocios en paÃses da OTAN. Estamos ante un grupo contrario a UcraÃna e con inclinacións a favor de Rusia, polo que as insinuacións de Musk parecen claramente interesadas.
Ao parecer, non se tratou dun simple ataque de denegación de servizo, senón que empregáronse diversos vectores de ataque, como uso de redes de bots, explotación de credenciais, abuso da API e ataques dirixidos á capa de aplicación, que en conxunto fixeron que X non puidese operar con normalidade.