Profesorado do Campus de Ferrol traballa para achegar a impresión 3D a nenos e adolescentes
xoves, 5 de decembro do 2024
Baixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña (UDC), Elena Arce Fariña, un equipo docente do campus ferrolán está a impulsar un proxecto dirixido a chegar a tecnoloxÃa de impresión 3D e os conceptos STEAM (Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa, Arte e Matemáticas) á educación infantil, primaria e secundaria formando ao profesorado, deseñando recursos didácticos adaptados e promovendo a participación activa do alumnado e das súas familias en todo o proceso. Trátase do proxecto Polos en Marcha.
Ai iniciativa, financiada integramente, a Fundación Española para la Ciencia y la TecnologÃa (FECYT), dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, xa achegou varias actividades formativas: un curso de formación en Deseño, Modelado e Impresión 3D e outro centrado nos Materiais para a Impresión 3D e a Reciclaxe.
Ata o de agora, son preto de 70 os docentes da comarca de Ferrolterra que teñen participado, de xeito presencial, nas instalacións da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF), nestas dúas formacións. Todos eles e elas imparten clase no Colexio Cristo Rey, no Colexio Sagrado Corazón – Mercedarias e no Colexio Jesús Maestro de Ferrol, asà como no CPR Santiago Apostolo de Narón.
Ao longo do primeiro trimestre do ano 2025 está previsto que estas dúas formacións se impartan, de novo, no Campus Industrial de Ferrol e nas cidades de Santiago e de Vigo. A maiores, tamén se contempla a posibilidade de que os e as docentes de infantil, primaria e de secundaria interesados e interesadas en formarse no eido da impresión 3D poidan facelo a través da páxina web do proxecto Polos en Marcha, baixo a supervisión de profesorado da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña (UDC) e de persoal docente e investigador da Universidade de Vigo (UVigo).
A organización de talleres de deseño participativo nos propios centros educativos co obxectivo de co-crear recursos didácticos adaptados para as etapas de infantil, primaria e secundaria, a creación dun repositorio web de acceso libre e a organización dun evento de divulgación no Campus Industrial de Ferrol son outros dos retos que ten por diante un proxecto que comezou a súa andaina o pasado mes de setembro e que rematará en decembro de 2025.